[Resumo] Os problemas de competitividade con que se atopou a economía española como consecuencia da crise comezada en 2008 –tamén coñecida como Gran Recesión– tiveron características específicas, debido, entre outras razóns, á pertenza de España a unha área monetaria como é a unión Económica e Monetaria (uEM) da uE ou Zona Euro. En situacións de perda de competitividade é frecuente que os países recorran a unha depreciación da moeda para se posicionaren fronte ao exterior; porén, se o país se atopa inmerso nunha área monetaria, tal depreciación non é posible por carecer deste instrumento de política monetaria, e debe buscar outras opcións, as cales pasan por unha depreciación interna. Neste traballo acométese unha breve análise teórica dest...