A actualización da poesía para enfrontar os retos derivados da posmodernidade conduciu nalgúns discursos emerxentes (en especial de resistencia) a unha evidente procura de impureza e realismo no que atinxe ás fórmulas xenolóxicas empregadas. O traballo escolma e analiza distintos modos de integración na última poesía peninsular de xéneros discursivos cotiáns, masivos e institucionais e realiza un balance dos resultados textuais e comunitarios así logrados. PALABRAS CHAVE: antipoesía, caricatura, literatura e espazo público, novas tecnoloxías, performance, poesía peninsular última, posmodernismo, realismo, xéneros discursivos