A autora aborda as estratexias humorísticas utilizadas por Vicente Risco n’O porco de pé, co fin de plasmar un discurso social e moral pola vía do humor e da deformación grotesca da sociedade galega mediante a súa pintura distorsionada. Analiza os mecanismos retóricos e discursivos fundamentais dos que se vale Risco para plasmar o seu subxectivo pensar e sentir sobre as cousas, coma tal, o sarcasmo, a ironía, a denigratio, a transposición, o contraste, a parodia, a ruptura da liña narrativa, as desorbitadas enumeracións, os circunloquios, a caricatura ou a ambigüidade. Asemade, debulla a metáfora do porco, rica en suxestións operativas na enciclopedia dos lectores, e outras estratexias que xeran a comicidade e o absurdo, conforma...