No campo do procesado facial, o modelado facial recibiu unha especial atención nos últimos anos debido á popularización dalgúns algoritmos estatísticos de modelado facial, como por exemplo Active Shape Models e Active Appearance Models en 2D e 3 D Morphable Models. Os algoritmos estatísticos de modelado facial constan de dúas etapas, etapa de análise e etapa de síntese. Na etapa de análise, créase un modelo mediante a extracción das "principais" variacións dun conxunto de imaxes de exemplo. Na fase de síntese, tratamos de rexistrar unha nova imaxe no modelo. Este proceso de rexistro permítenos recuperar información descoñecida da imaxe. Por exemplo, se o modelo coñece como a localización de puntos significativos (comisuras da boca, pupilas...