[Resumo] O obxectivo do proxecto é o deseño e implementación dunha aplicación web de xestión de laboratorios de análises ambientais. Dita aplicación permitirá aos usuarios xestionar todos os procedementos e información relativa a análises, mostras e resultados, ademais de levar a cabo unha xestión do tempo, aumentando así a eficiencia de ditas tarefas. A aplicación resultante será unha plataforma web na que rexistrar ditos procedementos, resultando así nunha maneira automatizada e organizada de levar un control dos procesos. A metodoloxía empregada neste proxecto é unha versión simplificada do Proceso Unificado de Desenvolvemento Software. Trátase dun desenvolvemento iterativo e incremental, no que en cada iteración se realiza un c...