Catálogo da exposición organizada pola Comisión de Cultura da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela Febreiro 2003. A exposición elaborouse a partir de orixinais realizados polos alumnos da asignatura ANÁLISE GRÁFICA ARQUITECTÓNICA durante os cursos 2000-2001 e 2002-2003[Resumo] A arquitectura holandesa recente posúe un atractivo que reside na inquieta actitude intelectual e na variedade da producción ofrecida por uns creadores e teóricos para os que, movéndose entre o rigor creativo e a experimentación, a arquitectura non é máis que o desexo de modifica-la realidade intervindo nela coa visión posta nunha cultura de futuro. É aquel, ademais, un país no que a ordenación territorial apare...