Texto dispoñible en galego e españolNeste artigo analízanse dous aspectos que afectan de forma moi importante ao sector turístico. Por unha parte, desde un punto de vista teórico, unha nova conceptualización do turismo –nouménica–, e o seu impacto no deseño dunha política turística común (PTC). E por outra parte, mediante unha análise empírica das entrevistas realizadas a unha mostra de expertos en turismo, a factibilidade da implementación desa política turística común na Unión Europea. As respostas destes expertos evidencian que a maioría segue un enfoque fenoménico baixo o que se poñen de relevo numerosas dificultades para a posta en práctica dunha PTC. Ante isto, a autora defende a súa viabilidade baixo unha concepción nouménicaEn este ...