Preséntanse os resultados do estudo de materiais medievais e postmedievais da escavación realizada na rúa do Franco nº 31, en Santiago de Compostela. O xacemento consiste nun conxunto de silos de almacenamento escavados na rocha, de cronoloxía medieval e unha serie de niveis superiores postmedievais; escavados nunha intervención arqueolóxica de urxencia realizada en 2011. Mediante o estudo aportamos novos datos tipolóxicos sobre cerámica medieval e postmedieval galega, así como aspectos relacionados coa fabricación da mesma, afondando nas formas e as decoracións, pero tamén no tratamento técnico das pastas. Mentres que a cerámica medieval parece de producción local a moderna ofrece unha maior variedade de centros de producción, maioritariam...