Nos tempos que corren póñense cada vez máis en evidencia as carencias e deficiencias do sistema educativo formal que precisa, para a súa superación, a busca de novas vías que fagan da escola un espazo de aprendizaxe, crecemento e desenvolvemento individual e colectivo, efectivo e eficaz. Nesta liña, a incorporación aos centros escolares dos e das profesionais da Educación Social ha de ser un paso relevante que implique unha mellora significativa nas intervencións educativas. En realidade non se trata unicamente de introducir un perfil profesional máis no sistema educativo, senón que o obxectivo é a mellora das decisións que en cada escola se deben adoptar día a día. A partir desta aposta clara, hai un tempo que un grupo de persoas decid...